CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Punto de cruz e la sobre tea de saco branca

14/11/2019 - 10:38 h

Punto de cruz e la sobre arpilleira branca: así é a obra coa que Mauro Trastoy gaña o Premio Isaac Díaz Pardo de Artes Plásticas da Deputación da Coruña.

O xurado valorou a experimentación coa trama e a urda, un quefacer artesán para unha pintura sen pintura. O artista presenta estes días a exposición 'Sen ser' na galería Marisa Marimón de Ourense.