CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Falamos da mostra "Tecer os referentes" da artista Elisa Torroba na Fundación Laxeiro de Vigo.

14/09/2020 - 17:50 h

"Tecer os referentes" é a primeira mostra individual en Galicia desta artista malagueña, onde retorna despois de cursar  o Máster en Arte Contemporánea da facultade de Belas Artes de Pontevedra no ano 2014, planteandonos una visión crítica sobre o papel do libro como mecanismo de construción cultural.
A artista busca desmontar, disolver e fragmentar o libro para volvelo montar de forma diferente, deconstruíndo e pervertendo as súas estruturas, construíndo unha nova orde matemática e incidindo na realidade híbrida que o libro vive na actualidade e na modificación da súa linguaxe na sociedade dixital.
A medio camiño entre a Instalación, a escultura e a documentación, Terroba propón na mostra unha montaxe articulado formalmente a partir de tres soluciones técnicas, como son o tecido de papel, colgado en parede como un cadro convencional, a escultura en papel e o libro intervido.
O proxecto enmárcase na investigación que esta  xoven artista leva realizando nos últimos anos sobre o significado do libro como ferramenta de transmisión de coñecemento