CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A cantante galega FAIA presenta o seu último álbum: 'Ao cabo leirín'

11/08/2020 - 14:33 h

Faia Díaz, cantante e marela de DeVacas presenta o seu primeiro álbum en solitario. Non é senón a cara A do vinilo -a cara B, di, ten segredos que non teñen que saír á internet- que publicou no 2019 e que agora chega ó público en formato disco e tamén nas principais plataformas de streaming.

Nel defende a voz, a voz soa, a voz a pelo. As cantigas que lle foron transmitidas e que liga estreitamente á leira da súa avoa, relacionando voces cos distintos espazos onde se ambienta cada peza, ata chegar ao final desa leira. Ao cabo leirín.