CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Comeza a VII Edición do Festival Bal y Gay

11/08/2020 - 10:50 h

O noso colaborador Luis Miguel Crespo achéganos hoxe un dos festivais de música máis consolidados na nosa terra: o Festival Bal y Gay, que se leva a cabo entre os días 12 e 24 deste mes, cun total de 7 concertos, 5 funcións de programas en familia, unha conferencia e a proxección dun documental dedicado a Beethoven. Aínda que o festival ten o seu epicentro en Foz, este ano desenvolverase nun total de 7 concellos da Mariña central.

Por diferentes escenarios que conforman espazos naturais e elementos do noso patrimonio como a catedral de Mondoñedo ou o pazo do Conde de Fontao, pasarán artistas e formacións do máis alto nivel como a Real Filharmonía de Galicia, o Cuarteto Quiroga, Sponte Sua, Cuarteto Cosmos, Cuarteto Quiroga, Juan Pérez Floristán, Hot Chocolates, ou o Ensemble Bal y Gay.

Hoxe imos achegarnos a un dos festivais de música máis consolidados na nosa terra: o Festival Bal y Gay, que se leva a cabo entre os días 12 e 24 deste mes, cun total de 7 concertos, 5 funcións de programas en familia, unha conferencia, e a proxección dun documental dedicado a Beethoven. Aínda que o festival ten o seu epicentro en Foz, este ano desenvolverase nun total de 7 concellos da mariña central.

Por diferentes escenarios que conforman espazos naturais e elementos do noso patrimonio como a Catedral de Mondoñedo ou o Pazo do Conde de Fontao, pasarán artistas e formacións do máis alto nivel como a Real Filharmonía de Galicia, o Cuarteto Quiroga, Sponte Sua, Cuarteto Cosmos, Cuarteto Quiroga, Juan Pérez Floristán, Hot Chocolates, ou o Ensemble Bal y Gay.