CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Estréase no FIC Via 14 de Verín o documental "Hijas de galicia, Macorinas".

08/09/2020 - 17:31 h

A quinta edición do Festival Internacional de Curtas de Verín acolle a proxección do documental histórico "Hijas de Galicia, Macorinas", dirixido por Pello Santiago e Fran Naveira. Trátase dun traballo que conta a historia de explotación dunha parte da emigración feminina galega a Cuba, establecendo analoxías con situación que acontecen na actualidade en diferentes partes del mundo.

Obter información, datos e imaxes destas mulleres emigrantes galegas convertiuse nun labor moi complicado, debido principalmente ao escurantismo e as doses de vergoña que implica o concepto de prostitución. Porén, mediante os seus asesores e contactos, os directores lograron finalmente desenterrar o relato que buscaban durante os 7 anos que botaron visitando a illa de Cuba.