CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A Fundación Uxío Novoneyra abre a II convocatoria das residencias poéticas "Ámeto Mítico"

08/09/2020 - 14:46 h

A Fundación Uxío Novoneyra abre a II convocatoria das residencias poéticas 'Ámeto Mítico' no camiño de Santiago,  unhas residencias itinerantes de escrita e peregrinación poética pola ruta xacobea en territorio galego co obxectivo de divulgar o Camiño de Santiago como espazo mítico sobre o que continuar a escribir poesía.