CRTVG

Buscar

Diario Cultural

O Centro Multiusos de Sel acolle unha exposición colectiva de artistas naturais de Muros

06/08/2020 - 14:39 h

Trátase de cinco autores naturais de Muros que levan realizando esta exposición como
grupo arredor de cinco anos, logo de que a asociación SORUM, onde expuñan cada ano e baixo o comisariado de Domingo Guerra, se disolvese.

Son Carmen Senande, Erat París, Alejandro Senande, Amalia Costa e Pepa Sestayo e presentan propostas artísticas variadas: óleo, acrílico, dixital...

A mostra estará aberta todo o mes de agosto, con ocupación limitada.