CRTVG

Buscar

Diario Cultural

A cantante viguesa dani publica o seu primeiro disco

02/07/2020 - 17:21 h

Na colaboración musical de Tito Lesende falamos do primeiro disco longo da cantante viguesa dani.

Tamén escoitamos a cantautora Margo Price, que publica o seu novo traballo o vindeiro venres.

O grupo de Tui Best Boy volve ós concertos e ofrece un espectáculo de música ao vivo, despois da cancelación de actuacións en directo por mor da pandemia do coronavirus.