CRTVG

Buscar

Diario Cultural

Ribeira celebra 'Autocontos', un proxecto para escoitar contos dende o coche

02/07/2020 - 17:04 h
Cándido Pazó e Quico Cadaval protagonizan o formato 'Autocontos', unha iniciativa pioneira en Galicia. Imos a Ribeira, onde poderemos escoitar contos, dende o noso coche.
"A xente escoitará os contos dende o coche, será como escoitar a radio", explica Cándido Pazó.
Tamén, neste Diario cultural, falamos con Paula Carballeira, finalista do Torneo de Dramaturxia do Teatro Español.