CRTVG

Buscar

Convivir

O suicidio, protagonista do Día da Saúde Mental

10/10/2019 - 21:30 h

Os datos mostran que no mundo suicídase unha persoa cada 40 segundos. En España é a principal causa externa de mortalidade. Galicia está no nivel máis alto da clasificación de suicidios a nivel estatal, sendo a segunda comunidade autónoma con maior taxa de incidencia, superada só por Asturias. Estamos a falar de arredor de 300 mortes por suicidio ao ano, converténdose nun problema sanitario e social de gran relevancia en Galicia. 

No Día Mundial da Saúde Mental, a OMS pon o foco na atención os suicidios.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí