CRTVG

Buscar

Destacados

Carlos Mandianes, presidente do Centro Galego: "O que pasa non é bo para Barcelona"

18/10/2019 - 08:04 h

O presidente do Centro Galego de Barcelona, Carlos Mandianes, destaca que "estamos vivindo noites intensas" na capital catalá. Di que "empezamos a semana cunha normalidade relativa intentando levar as actividades da entidade, pero ao finalizar a semana vemos que esa normalidade relativa se está transformando nunha normalidade tensa, durante as mañás e durante o día a xente vai traballar, vai estudar e fai a súa vida laboral, si que é certo que ves os restos da actividade nocturna, o asfalto deteriorado polo lume que ocasionou esas barricadas que houbo durante a noite".

Carlos Mandianes sinala que "entendemos que saír á rúa pacificamente é bo para a democracia, pero saír desta maneira non é tan bo, e saír de xeito tan continuado non está sendo tan bo para a cidade". Comenta que "o Concello de Barcelona tiña actos culturais para esta fin de semana e comunicáronnos que moitos deles se cancelaban, nestes tempos que estamos vivindo cremos que prima a seguridade dos socios [do Centro Galego] e prima a seguridade dos cidadáns por riba das actividades que queiramos facer na asociación, estamos a transmitir normalidade, pero entendemos que prevalece esa seguridade dos socios e dos cidadáns, que de momento non pasou nada, pero non queres que pase nada". Afirma que "aquí non é Cataluña contra España, estase vendo que é Cataluña contra Cataluña, pero si que é certo que a entidade ten distintas sensibilidades e a entidade mantense neutra" e "desde o Centro Galego respectamos a sentenza".

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí