CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Sergio García: "Queremos facer un xogo vistoso"

27/08/2019 - 23:37 h

Esta semana botou a andar o novo proxecto de Basquet Coruña, con adestrador novo, o palentino Sergio García, que onte xogou Ao contraataque: "Queremos facer un xogo vistoso. Temos unha mistura de xogadores físicos como Thiam, Smith ou Green que poden xogar por riba do aro, con especialistas do triplo como Djuran ou no un contra un coma Jeff Xavier".

O novo preparador laranxa estivo as dúas últimas temporadas exercendo de técnico axudante en ACB en San Sebastián, pero xa ten experiencia na LEB aos mandos do Palencia, club co que rematou en primeira posición hai catro temporadas: "A liga vai ser moi competitiva, moi aberta, pero nós imos tentar facelo ben sen poñernos límites".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí