CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Jorge Prado: "É un orgullo gañar dous mundiais"

26/08/2019 - 23:05 h

O lucense Jorge Prado segue batendo rexistros. O piloto, de só dezaoito anos, acadaba esta fin de semana o seu segundo título mundial de motocrós na categoría MX-2.

Onte xogou Ao contraataque e explicou as súas sensacións: "É un orgullo gañar dous mundiais. Foron dous campionatos diferentes. O ano pasado acadei o liderado máis tarde e este ano lidereino dende o principio. Era superior aos meus rivais".

Tras este segundo título consecutivo, o mozo piloto terá que subir de categoría a próxima temporada: "Acabarei este ano o campionato de MX-2. E para a Copa das Nacións xa cambiarei de cilindrada. Tenterei chegar o mellor preparado posible, pero será difícil. Competiremos sete campións do mundo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí