CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Borja Jiménez: "Hugo Rama amosará en Lugo todo o seu talento"

25/07/2019 - 23:34 h

O Club Deportivo Lugo anunciou nas últimas horas a renovación de Hugo Rama pese a grave lesión de xeonllo que sofre o xogador compostelán.

O que foi o seu adestrador na última temporada, Borja Jiménez, xogou onte Ao contraataque e avalou o movemento realizado pola dirección deportiva do equipo albivermello: "É un xogador de moito talento. Sorprendeu a todo o mundo durante todo o ano. Un crecemento constante cunha enorme madurez para a súa idade. Asumindo moita responsabilidade". O ex-adestrador do Rápido de Bouzas está seguro do éxito de Rama no cadro lucense: "Recuperarase ben da lesión e en xaneiro estará dando alegrías e amosando todo o seu talento".

Jiménez adestrará esta temporada o Asteras Trípoli na Superliga grega, onde terá dous xogadores galegos no seu equipo: Borja Fernández e Luis Fernández.

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí