CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Álex Bergantiños: "Chegou o momento de dar un paso adiante"

24/09/2019 - 23:17 h

O capitán do Deportivo Álex Bergantiños xogou onte Ao contraataque.

Tras o mal inicio de temporada, o xogador herculino considera que é o momento de dar o do de peito: "O do Mirandés é un partido importantísimo. Chegou o momento de dar un paso adiante".

Recoñecendo que o partido ante o Cádiz non foi perfecto, o mediocentro herculino pensa que debe ser o punto de partida: "Vimos un equipo máis solidario, máis xuntos en defensa e para defender os centros laterais. Temos que empezar a sumar xa para tentar engancharse o vagón dos de arriba".

A actualidade deportiva con Pedro Pablo Alonso.