CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Braulio Vázquez: "Que o mercado remate coa liga comezada adultera a competición"

23/07/2019 - 23:09 h

O director deportivo de Osasuna, o coruñés Braulio Vázquez, xogou onte Ao contraaataque e analizou o mercado de fichaxes que se está vivindo neste período estival.

"Que o mercado remate coa liga comezada adultera a competición. Hai tres xornadas antes do remate do mercado e os equipos cambiarán moito, sobre todo os que teñen cartos e se poñan nerviosos".

Ademais, o mandatario do club navarro tivo palabras de loanza para a política de fichaxes do Celta, e expresou o seu desexo dun ascenso do Deportivo nesta nova temporada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí