CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Néstor Araújo: "A coraxe que teño é non deixar a portería a cero"

22/08/2019 - 23:07 h

O internacional mexicano Néstor Araújo xogou onte Ao contraataque. O central céltico falou con cautela dos obxetivos do equipo cara a esta temporada e recalcou a importancia de mellorar o nivel defensivo para colleitar bos resultados.

"A coraxe que teño é non deixar a portería a cero. É a liga, parpadeas e marcan. Temos que loitar e seguir pelexando por ser unha defensa sólida".

O xogador azteca negou que pola súa cabeza pasase abandonar o club o pasado verán e louvou as fichaxes realizadas polo Celta esta temporada buscando mellorar os resultados da pasada campaña.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí