CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Dani Rodríguez: "Estiven cerca de tirar a toalla, foi un camiño con moitas curvas"

21/08/2019 - 23:24 h

Un dos grandes protagonistas da primeira xornada na primeira división foi o xogador betanceiro do Mallorca Dani Rodríguez. Debutou na máxima categoría aos 31 anos de idade anotando un dos goles do triunfo dos seus ante o Eibar.

Onte xogou "Ao Contraataque" e referiuse a momentos moi diferentes da súa carreira, cando estivo a piques de deixar o fútbol profesional: "Foi un camiño de moitas curvas. Contento e orgulloso que o resultado sexa este e poida disfrutar do éxito da primeira división. Pero ás veces parecía que ía saír da estrada. E apareceu xente importante como Aira e encarriloume".

O xogador galego lembrou un momento concreto no que estivo a piques de deixar o fútbol profesional: "Cando rematei contrato no Conquense e firmei no Racing de Ferrol en terceira división. Estiven cerca de tirar a toalla. A moitos non lle dan a oportunidade a acaban tirándoa".

Dani tamén se referou ao seu Deportivo , o que o destino fíxolle xogar ante él a eliminatoria de ascenso, e ao que non desbotou a posibilidade de voltar nun futuro. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí