CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Gerard López: "Houbo unha reacción de medo ou envexa pensando que ía montar algo incrible"

20/08/2019 - 23:05 h

O empresario de orixe galega, Gerard López, xogou onte "Ao Contraataque". Na actualidade é o propietario do Lille francés que xogará a próxima edición da Liga de Campións e hai cinco anos estivo a piques de convertirse no máximo accionista de Club Deportivo Lugo.

O luxemburgués de nacemento rachou o seu silencio tras cinco anos apartado dos medios de comunicación galegos: "O Lugo era un moi bo club daquela. Eu quería regalar as accións aos socios ou abonados. Quería axudar para que en cinco ou dez anos apuntara a máis. Quería dar estabilidade. Non estaba previsto que fose o propietario ou o presidente con accións. Houbo unha reacción de medo ou envexa pensando que ía montar algo incrible".

Un Gerard López que non desbotou realizar no futuro algún proxecto dentro do fútbol galego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí