CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Julio Álvarez: "Vexo equipos máis preparados ca o Dépor para o reto do ascenso"

17/09/2019 - 23:13 h

Esta noite xogan o Deportivo e o Numancia en Riazor e Lugo e Ponferradina no Anxo Carro. Partidos especiais para Julio Álvarez. O de Sada é agora o segundo adestrador do equipo berciano e retorna a Galicia para enfrontarse ao equipo lucense, ao que eloxiou onte en Ao contraataque.

Julio Álvarez: "O Lugo gústame moito. Creo que é, posiblemente, o mellor equipo de segunda división. Imos ser valientes e queremos gañar".

Tamén se referiu o sadense ao partido dos seus ex-equipos en Riazor e a situación actual do Deportivo: "Ao Dépor vaille custar. Vexo equipos máis preparados ou superiores para o reto do ascenso".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí