CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Manolo Aller: "O grupo humano foi fundamental para que a selección conseguise o campionato mundial"

16/09/2019 - 23:03 h

O éxito da selección española de baloncesto tamén tivo acento galego. Á participación na clasificación de Fran Vázquez, Jonathan Barreiro ou Alberto Abalde súmouse a participación no corpo técnico de Manolo Aller.

O ex-capitán do OAR Ferrol formou parte do grupo de traballo de Sergio Scariolo e onte xogou Ao contraaataque.

Manolo Aller: "O grupo humano foi fundamental. Hai que facer partícipe a todo o mundo. O partido ante Italia foi a chave. Sabiamos que gañando a Italia podiamos gañar a Serbia".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí