CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Aburjania xogará no Twente ao non permitir o Sevilla unha nova cesión en Lugo

16/07/2019 - 23:36 h

Giorgio Aburjania foi presentado onte coma novo xogador do Twente holandés. O xeorxiano xogou onte Ao Contraataque e recoñeceu que tentou prorrogar a súa cesión en Lugo unha temporada máis pero o Sevilla, club ao que pertence, non o permitiu: "Tentamos buscar fórmulas para seguir pero ao final non puido ser. Falei co míster e con Manolo Mandiá que tiñan a intención de seguir coa cesión. Pero ao final a última palabra foi do Sevilla e pensaron que Holanda era un bo escaparate".

No Twente Aburjania terá coma adestrador ao técnico galego Gonzalo García que debutará este ano como primeiro adestrador do equipo que acaba de retornar á primeira división.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí