CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Diego Mariño: "O Dépor vai estar arriba"

12/09/2019 - 23:17 h

O porteiro vigués do Sporting de Xixón, Diego Mariño, xogou onte Ao contraataque.

O cancerbeiro do próximo rival do Dépor loou os herculinos pese o mal inicio de temporada do equipo de Anquela: "A segunda é moi longa. Leo a prensa e faime graza ver que está necesitado con catro xornadas disputadas cando estamos todos moi xuntos. O Dépor vai estar arriba. Ata hai oito días non tiña o equipo pechado”.

Tamén se referiu á aposta do club asturiano polo retorno de canteiráns ao seu club de orixe: "Non é que soamente sexan da casa é que teñen moita calidade. Manu ou Javi poderían estar xogando perfectamente na primeira división pero optaron por volver á casa".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí