CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Dani Giménez: "Non somos o Real Madrid da segunda división"

11/09/2019 - 23:01 h

O porteiro do Deportivo Dani Giménez xogou onte Ao contraataque e foi claro sobre a situación do equipo: "O que está arredor noso, do equipo, é máis pesimista do que pensamos nós no vestiario. Cando cometamos un fallo non nos pode frustrar tanto. Parece que o Dépor é o Madrid é non é así. Non somos o Real Madrid da segunda división. Creo que o equipo é bo e cos novos dimos un paso ao fronte".

Sobre os rivais polo ascenso, o cancerbeiro herculino ten claro quen é o máximo favorito: "O Xirona é o mellor equipo. Pero logo estamos todos moi igualados. Non hai equipos superiores aos demais, a excepción do Xirona".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí