CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Nacho Moyano: "Recordarei este partido toda a miña vida"

09/09/2019 - 23:50 h

O técnico madrileño Nacho Moyano debutaba o pasado fin de semana na Asobal á fronte do novo proxecto do Cangas. E o inicio non puido ser mellor tras derrotar no Gatañal ao Granollers nun vibrante partido: "As nosas posibilidades pasan por facerse fortes na casa. Granollers é equipo da zona alta e esixiunos xogar ao máximo. Recordarei este partido toda a miña vida, polo rival, polo resultado e pola afeción de Cangas que non deixou que baixaramos os brazos".

O novo adestrador do equipo do Morrazo espera poder seguir con esta boa liña o resto da temporada: "Tentaremos seguir na mesma liña. Agora toca unha visita complicada a Guadalaxara, que considero que vai ser un rival directo".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí