Ao Contraataque
Fran Escribá: "Ante o Tenerife non fixemos un bo partido pero temos que sacar conclusións positivas"
O adestrador do Real Club Celta compareceu ante os medios de comunicación despois da derrota do seu equipo por 1-0 ante o CD Tenerife. Para Escribá, o equipo non estivo ben situado sobre o terreo de xogo e foi inferior ao rival nun partido no que a peor noticia foron as lesións de Juncá e Santi Mina.
O adestrador apostou claramente por acudir ao mercado para reforzar a posición de mediocentro tendo en conta as dificultades coas que se está atopando o equipo á hora de recuperar o balón.