CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Denis Suárez e Santi Mina xogaron 'Ao contraataque' na Radio Galega

05/09/2019 - 23:00 h

Os dous futbolistas do R. C. Celta protagonizaron o programa especial de Ao contraataque emitido onte dende a sede do equipo olívico.

Mina e Suárez analizaron o seu regreso ao R. C. Celta no seo da operación retorno que levou a cabo o equipo galego este verán. Os xogadores amosáronse ilusionados con este novo proxecto, que aposta fortemente pola xente da casa.

Así mesmo, os dous futbolistas amosaron a súa confianza no potencial do cadro de xogadores, polo que consideran factible a loita por Europa como principal obxectivo da temporada, aínda conscientes de que hai que manter os pés no chan e ser moi cautos, dada a dificultade da competición.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí