CRTVG

Buscar

Ao Contraataque

Álex López avala a política de fichaxes do Celta

03/09/2019 - 23:02 h

O xogador do Racing de Ferrol, Álex López, ex do Celta, avalou onte en Ao contraataque a política de fichaxes realizada neste mercado polo club que preside Carlos Mouriño: "Cando sacaron esa frase (#IstoVaiDeCorazon) estaba todo un pouco preparado. O Celta é un club estable na primeira, ten o potencial económico para traer de volta a eses xogadores que tiveron que marchar polas circunstancias".

Álex coincidiu no primeiro equipo con Santi Mina e Rafinha e no Celta B con Denis Suárez. Se tivese que elexir un dos tres ten claro con quen se quedaría: "Quedo con Denis. Teño predilección por el. Xa se vía que ía chegar lonxe. Por fortuna, podemos gozalo no Celta. Está a un nivel tremendo. De Rafinha xa se vía que tiña un talento descomunal".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí