CRTVG

Buscar

Amplo despregamento na Radio Galega co comezo da Liga de Fútbol Profesional

Chegou o día. Este sábado comeza a temporada 2019-20 na Liga de Fútbol Profesional e volve Galicia en Goles, o programa líder das fins de semana. A Radio Galega ten preparado un amplo despregamento para retransmitir os tres primeiros partidos do curso.

bado, desde as dúas e cuarto da tarde, Xoán Galán conectará con Balaídos para pulsar con Roberto Carlos Carballo e Víctor López as horas previas ao Celta-Real Madrid. Desde as catro da tarde, o adestrador Moncho Carnero incorporarase ao equipo da emisora autonómica para detallar todo o que dará de si o duelo táctico entre Escribá e Zidane.

A outra cita do bado reunirá no Anxo Carro ao Lugo e ao Extremadura, na Segunda División. Andrés Vieites, Emilio González e Rafa Porto encargaranse de trasladar a audiencia os primeiros noventa minutos do equipo de Eloy no campionato.

A partir das oito e media do serán, adestradores e xornalistas debatirán da xornada no Faladoiro.

Xa o domingo, desde as cinco da tarde, a atención estará posta en Riazor, no encontro de Segunda División entre o Deportivo e o Real Oviedo. Javi Torres, César Méndez e Xosé Manuel Traba formarán o equipo da Radio Galega desprazado ao estadio coruñés.

Ademais, o programa atenderá aos últimos encontros da pretemporada dos equipos galegos da Segunda División B: Alondras-Celta B e Arousa-Pontevedra; e ás finais do torneo de fútbol base en Ponteareas onde compiten Celta, Deportivo, Lugo, Pontevedra e Porto, entre outros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí