CRTVG

Buscar

Destacados

Adolfo Domínguez, gañador do premio Nacional de Deseño de Moda: "Estou feliz, as transicións sempre son difíciles de facer"

09/11/2019 - 10:00 h

Adolfo Domínguez, que vén de recibir o Premio Nacional de Deseño de Moda, móstrase feliz porque "as transicións sempre son difíciles de facer". 

O xurado recoñece con este premio a súa traxectoria e a súa importancia na historia contemporánea da moda en España. Despois de coñecer a noticia mostrouse "agradecido e contento" nunha entrevista no Galicia por Diante con Victoria Rodríguez.

O deseñador ourensán segue de preto o proceso de creación do produto, pero agora son as súas fillas as que están ó fronte da marca. Un proceso de transición que, di Domínguez, non foi sinxelo.

Mais non perderon a esencia da marca, co seu popular eslogan 'a engurra é bela', unha defensa da naturalidade fronte ao artificial. Cren que a sobriedade e o minimalismo son claves de éxito na moda.

Cortes dos diferentes programas da RG