CRTVG

Buscar

A Tarde

Anxo Angueira: "A Casa de Rosalía está aí porque houbo moita xente que a apoiou"

19/06/2020 - 16:41 h

Nos últimos días a Fundación Rosalía de Castro recibiu unha doazón moi especial. Jane e Eric, unha parella de escoceses, pasaron o confinamento na parroquia de Laíño en Dodro. En sinal de agradecemento ao ben que os trataron na contorna decidiron que un bo xeito de recompensalos era doar 500€ a Casa da Matanza. Conversamos con Anxo Angueira que nos conta a historia e a importancia destas doazóns privadas.

O presidente da Fundación tamén aproveitou para comentar como están sendo as primeiras semanas de reapertura da Casa.

"Temos moi poucas visitas. Os escolares, as excursións,… todo iso desapareceu. Tardaremos moito en volver. Aínda que eu digo que non hai mellor momento para visitala porque estás só", comenta.

Revista de información e entretemento