A Tarde
'O gran Camiño', un documental galego premiado internacionalmente
O documental 'The Great Way' ('O gran Camiño') é finalista nos European Cinemathography Awards (Premios Europeos da Cinematografía). O documental tiña inicialmente prevista a súa preestrea en Santiago de Compostela a finais do ano 2020, pero a crise sanitaria atrasou o evento ata, previsiblemente, o vindeiro mes de marzo de 2021.
Ao tempo, a obra seguirá viaxando por festivais (xa recibiu dous premios internacionais, na India e en Bután, así como catro seleccións oficiais noutros certames) e, na súa versión en galego, será emitida por Televisión de Galicia.