CRTVG

Buscar

A Tarde

Alberte Mera: "O que me estrañaba era que esta historia estivese silenciada"

11/08/2020 - 16:08 h

O filme documental Reboiras. Acción e corazón chega este mércores aos Cines Dúplex de Ferrol. A estrea inicial foi en Imo, en Laíño, no Concello de Dodro. Alí foi tamén o lugar onde naceu o protagonista do documental, Moncho Reboiras. El é considerado a última vítima do franquismo. Aínda que a designación de vítima non lle chegou ata o 2009.

A peza audivisual tenta poñer en primeiro plano a vertente humana e política de Moncho Reboiras. Está dirixida por Alberte Mera. En 2012 planificou a idea e a finais do ano pasado déronse as circunstancias para levala adiante.

"O franquismo morre matando", salienta Alberte.

O traballo combina entrevistas, material de arquivo e tamén ficción. Dentro dos 61 minutos aparecen 29 testemuñas da vida de Reboiras. Unha delas é Elvira Souto, que foi a súa parella. Tamén conversamos con Elvira sobre como lembra aquela época.

"Non era que quixesen detelo, querían matalo", sentencia.

Revista de información e entretemento