A Tarde
Marco Ceferino: "Un cacho do noso corazón será para toda a vida de Lalín"
Este xoves, o Circo Olimpia volve ás súas actuacións. Faino despois de pasar todo o confinamento en Lalín. Alí tiñan previsto actuar no mes de marzo. Durante todo este tempo varios veciños de Lalín e o Concello amosáronlles o seu apoio. Por iso, van realizar unha serie de funcións de balde como mostra de agradecemento.
As funcións desenvolveranse ata o domingo desta semana. E retomaranse o vindeiro xoves. A partir de aí o Circo Olimpia trasladarase á provincia de Lugo. Visitará Vilalba, Foz ou Viveiro. Conversamos co director Marco Ceferino e con algúns dos artistas. Forman un grupo de vinte persoas.