CRTVG

Buscar

A Tarde

Javier Sierra publica 'El mensaje de Pandora'

06/07/2020 - 16:32 h

Javier Sierra é un dos escritores españois con máis éxito internacional. Libros como La cena secreta ou El fuego invisible, co que gañou o Premio Planeta, publicáronse en máis de 40 países. Son garatía de multivendas porque moitos lectores están atentos a cada nova publicación. Aquí temos a última, titulada El mensaje de Pandora.

Nesta obra, Javier Sierra escribiu rápido porque o enigma sobre o que traballa está vivo e activo aínda. O escritor trata de buscar unha explicación á COVID-19 e, de feito, a novela foi escrita durante o confinamento. Un tempo no que o autor se pregunta se puido vir este virus do espazo exterior, se puido atravesar a atmosfera coma os raios cósmicos que cada día bombardean a Terra e se podemos ser, nós mesmos, a Humanidade, o estraño resultado dunha chuvia de bacterias que caeu do Universo.

Revista de información e entretemento