CRTVG

Buscar

A Tarde

Mondoñedo prepárase para as súas grandes festas

03/10/2019 - 18:36 h

O 17 de outubro comezará a feira máis antiga de Galicia. As San Lucas de Mondoñedo cumprirán 863 anos. Os cabalos volverán ser os grandes protagonistas dos festexos. Desta volta a gran novidade será o festival intercéltico. Coa participación, entre outros, de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.

"Unha maneira de facer máis europeas e atlánticas as festas. Facer de Mondoñedo un lugar aberto", afirma Miguel Souto, presidente da comisión das feiras e festas das San Lucas. 

Revista de información e entretemento
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí