CRTVG

Buscar

A Tarde

Mónica Carrillo publica 'La vida desnuda'

01/07/2020 - 16:40 h

A xornalista Mónica Carrillo presenta no programa A tarde 'La vida desnuda', novela coa que gañou o Premio Azorín 2020.

A xornalista e escritora Mónica Carrillo traza a inesperada viaxe de Gala ós segredos da súa familia. Un percorrido emotivo e sorprendente no que a protagonista terminará sendo unha persoa distinta á que comezou.

!O certo é que a teoría de Gala, a protagonista da novela, sobre as vidas de calquera de nós, dá moito que pensar… Ela di que todos temos unha vida pública que mostramos ao mundo, unha vida privada reservada para uns poucos… e unha vida secreta, que permanece oculta para os demais. Ninguén, segundo Gala, escapa a estas tres capas vitais. E unha vez reveladas, quedamos espidos, en coiros...".

Revista de información e entretemento