CRTVG

Buscar

A Tarde

'Auga Seca': "A idea é que haxa 2ª temporada"

02/04/2020 - 16:20 h

A serie Auga Seca converteuse na primeira ficción en lingua galega dispoñible no catálogo da plataforma HBO. Polo de agora, só pode verse en España e Portugal, pero agárdase que a súa difusión se poida ampliar. É unha produción conxunta entre Galicia e Portugal. Foi rodada por Portocabo e SP-I. Emitiuse tamén na RTP e na TVG.

Conversamos con Alfonso Blanco, director xeral de Portocabo e creador da serie; e tamén con Monti Castiñeiras, un dos actores protagonistas.

Revista de información e entretemento