CRTVG

Buscar

A Tarde

A non desaparición da cadela Andrea, coñecida en Celeiro por aleitar años

01/03/2021 - 18:06 h

Hai unhas semanas, a cadela Andrea deuse a coñecer ao aleitar un año ao que lle morrera a nai. O nacemento desta cría de ovella cadrara pouco despois do parto da cadela de raza mastín leonés. 

Todo foi unha sorpresa para Antonio Liborio. O dono comenta como volveu aleitar outro año cando unha nova ovella do rabaño se puxo de parto.

A cadela estivo unhas horas fóra do rebaño

Esta tarde, cando o compañeiro Raúl Villares e o gandeiro se achegaron á parcela, Andrea non estaba. O dono especulou nun primeiro momento con que fose roubada como xa lle acontecera nalgunha ocasión con outros cans. Finalmente, ao rematar o día Andrea regresou ao rabaño. Segundo Antonio, puido ser que marchara asustada cos tronos. 

Revista de información e entretemento