CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Alberto García-Basteiro: "España ten un dos peores indicadores de Europa e do mundo"

29/09/2020 - 21:06 h

En A crónica, Xosé Luis López Vila entrevista a Alberto García Basteiroepidemiólogo e un dos científicos que asinaron o artigo na revista The Lancet para pedir unha avaliación independente da xestión da pandemia.

O epidemiólogo defende unha avaliación independente externa para que a "xestión sexa útil" e para "identificar as causas deste fracaso antes de continuar". Engade que "bota de menos unha maior implicación da comunidade cientifica nas decisións" e sinala que "España ten un dos peores indicadores de Europa e do mundo".

Sobre a situación de Madrid, sostén que "escoitar recomendacións diferentes traslada caos á cidadanía".