CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Ovidio Fernández, presidente dos hostaleiros de Ourense, pide respecto ás normas: "Sen disciplina, ímolo pasar mal"

29/05/2020 - 20:51 h

O presidente da Confederación de Hostalaría de Ourense asegura que a crise do coronavirus provocou unhas "dificultades enormes, vai quedar moita xente polo camiño".

Ovidio Fernández Ojea pide moita prudencia para evitar rebrotes. Reclama que tanto hostaleiros como clientes cumpran as normas, porque "se non hai disciplina, imos pasalo mal".