CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Luis Campos, da Asociación de Festivais: "O 'streaming' convivirá cos eventos de pequeno formato"

29/05/2020 - 20:39 h

O presidente da Asociación Galega de Festivais, Luis Campos, destacou que os festivais aprazados ata o ano que vén estudan se é posible contar cos artistas que tiñan contratados para este verán.

Luis Campos pide a colaboración das administracións para que o sector poida sobrevivir ata o ano que vén. Sinala que "os concertos en streaming convivirán cos eventos de pequeno formato mentres non poidamos facer outra cousa".