CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Demetrio Salgueiro: "A maior parte dos veciños dependen da fábrica de Alcoa"

28/09/2020 - 21:07 h

Tras máis de oito horas de xuntanza, quedan rotas as negociacións entre Alcoa e os sindicatos.

Logo de que a multinacional confirmase que non ten intención de vender a plata nin a Liberty nin ao SEPI, quedaba sobre a mesa un punto na orde do día: negociar o axuste de emprego, un ERTE ou un ERE que afectaría, en total, a preto dun milleiro de traballadores, entre empregos directos e indirectos. Pero tampouco neste punto houbo acordo. 

Analizamos a situación da factoría co alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, no informativo A crónica.