CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Marisol Nóvoa, presidenta da CEO: "Son necesarios os ERTE ata final de ano"

25/06/2020 - 20:54 h

A presidenta da Confederación Empresarial de Ourense considera "un bo acordo" o que alcanzaron o Goberno e os axentes sociais para ampliar os ERTE ata o 30 de setembro.

Marisol Nóvoa sinalou que o pacto mellora as condicións que ofrecía antes o Executivo, e apuntou que terán que volver a negociar. Na súa opinión, os ERTE van ser necesarios ata final de ano.