CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Ramón Sarmiento, secretario xeral de CCOO: "Necesitamos uns novos Pactos da Moncloa e outro Pacto do Obradoiro"

25/06/2020 - 20:41 h

O secretario xeral de Comisións Obreiras destacou que o acordo para ampliar os ERTE ata finais de setembro é moi positivo e demostra a altura de miras do Goberno, os sindicatos e os empresarios.

Ramón Sarmiento sinala que debe ser un exemplo para que os partidos e os axentes sociais pechen uns novos Pactos da Moncloa para saír da crise provocada pola pandemia. Pide o mesmo para Galicia: un novo Pacto do Obradoiro que permita superar unha "crise sen precedentes".