CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Javier Perona, da plataforma Ciencia con Futuro, pide "prorrogar os contratos dos investigadores e financiar os proxectos"

22/06/2020 - 20:40 h

Javier Perona, voceiro da plataforma Ciencia con Futuro, afirma que falta vontade política para investir o necesario en investigación. Asegura que a precariedade é "consubstancial ao sistema científico español", e que se agravou polos "recortes da crise de 2008 e 2009".

Perona pide un pacto de Estado pola ciencia que garanta que a investigación avance de forma permanente. Reclama que se prorroguen os contratos de tódolos investigadores e que se financien os proxectos científicos.