CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Os reitores da USC e a UDC manterán a presencialidade, a menos que as autoridades sanitarias o prohiban

20/01/2021 - 20:16 h

Os reitores das universidades de Santiago e A Coruña aseguran que as clases seguirán sendo presenciais sempre que sexa posible. A pesar das críticas de colectivos de alumnos que pedían exames telemáticos, Antonio López e Julio Abalde salientan que a presencialidade é o máis coherente.

Os reitores lembran, en todo caso, que se as autoridades sanitarias deciden outra cousa, a Universidade está preparada para que o ensino sexa totalmente telemático.