CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

'A crónica' do día 20

20/01/2021 - 20:02 h

As claves informativas do día, no espazo 'A crónica':

O Goberno descarta cambiar o decreto do estado de alarma. Tras a reunión do Consello Interterritorial de Saúde, o ministro de Sanidade, Salvador Illa, non contempla modificar o actual toque de queda. E outro dato: os maiores de oitenta anos serán o seguinte grupo en vacinarse, despois das persoas que viven e atenden as residencias de maiores, os sanitarios e os grandes dependentes. 

Nunha xornada en que dimite o conselleiro de Saúde de Murcia, logo de vacinarse xunto a altos cargos e funcionarios do seu departamento cando non lles tocaba.

Analizamos a evolución da pandemia: récord negativo de contaxios diarios e de incidencia acumulada dende o inicio da pandemia en España. Tamén Galicia chega a un nivel de propagación do coronavirus sen precedentes. Nas últimas horas rexistrouse o maior número de contaxios nun só día: 1.372.

Fronte a estas cifras, dende esta medianoite pecha toda a actividade non esencial nos concellos de Arteixo, Xinzo e Viveiro. É dicir: os locais de hostalaría, os de xogo, as bibliotecas e os espectáculos públicos. No conxunto de Galicia, suspéndense as competicións de deporte federado de ámbito autonómico e limítanse os adestramentos a catro persoas

En Madrid, unha forte explosión nun edificio deixa, de momento, tres mortos e unha decena de feridos. As primeiras investigacións apuntan a que foi un escape de gas.

En Estados Unidos, cerimonia de toma de posesión de Joe Biden. O demócrata xa é o presidente estadounidense.