A Crónica 20h
Javier Cid, xefe da UCI do CHUO: "Se seguimos a este ritmo, podemos superar os pacientes da primeira vaga"
O xefe do servizo de Medicina Intensiva do Complexo Hospitalario de Ourense advirte que a situación é preocupante. Javier Cid teme que se os contaxios continúan a este ritmo, a ocupación das UCI supere non só a segunda vaga da pandemia, senón tamén a primeira.
Cid sinalou que un confinamento máis duro axudaría a conter a propagación do virus. Tamén considera necesario acelerar as vacinacións.