CRTVG

Buscar

A Crónica 20h

Sara Santos, presidenta de Hostalaría Compostela: "Os hoteis non temos reservas, e así é imposible pensar en abrir"

15/06/2020 - 20:50 h

A presidenta da asociación Hostalaría Compostela salienta que a incerteza é moita para os hoteis. Sara Santos destaca que non teñen reservas ou "son tan mínimas que é imposible pensar en abrir". Segundo advirte, para que o negocio poida recuperarse é imprescindible que a xente poida viaxar dende outras comunidades autónomas e que cheguen voos internacionais a Santiago.